Ir o contido principal
STG

Cristóbal Viezma imparte unha conferencia na Rede de Ciencias e Materiais Moleculares

O profesor da Universidade Complutense Cristóbal Viedma protagoniza este venres 12 unha nova sesión do ciclo de cursos e seminarios da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares. A intervención, que se celebrará na Aula Magna da Facultade de Química a partir das 12:00 horas, leva por título ‘Como acceder a compostos enantiomericamente puros?: catálise asimétrica vs. Desracemización’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2010.