A cuarta xornada ‘Mulleres na ciencia’ debate sobre as vocacións STEM femininas

A cuarta edición das xornadas ‘ Mulleres na ciencia’ celébrase este venres 14 ás 16.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Esta é unha iniciativa que organiza a Oficina de Igualdade de Xénero da USC coa Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal).
O evento central das xornadas consistirá nunha mesa redonda co lema ‘Como promovemos as vocacións STEM femininas?’. Moderada pola profesora da USC Encina Calvo, intervirán Luz Castro Pena, de Imaxin Software; Soledad Torres Guijarro, da Universidade de Vigo; Joana Magalhaes, do Instituto de Investigación Biomédica; e Susana Ladra González, da Universidade da Coruña.