Ir o contido principal
STG

Un curso aborda de xeito práctico a elaboración de traballos académicos e presentacións con LaTex

Un curso aborda de xeito práctico a elaboración de traballos académicos e presentacións con LaTex
Un curso aborda de xeito práctico a elaboración de traballos académicos e presentacións con LaTex

Ao longo de 30 horas lectivas na Aula Magna e nas aulas de informática da Facultade de Matemáticas, a Universidade de Verán 2012 inclúe na súa programación un curso sobre ‘Elaboración de traballos académico e presentación con LaTeX’ que se estenderá do 16 ao 20 de xullo dirixido por Rosana Rodríguez. Os tres primeiros bloque temáticos do curso amosarán as vantaxes de LaTeX con respecto a outras ferramentas, prestando atención á instalación de software, o emprego de editores ou elementos básicos deste sistema. Outros asuntos presentes no programa deseñado ofrecerán ás persoas inscritas formación para a elaboración de documentos completos, con índices e bibliografía, escritura de textos de diferentes tipos, xeración de índices ou manexo de táboas, caixas, inclusión de gráficos e manexo de referencias, recursos e documentación. Tamén se tratará a utilización de LaTeX no ámbito matemático, cun repaso do tratamento de símbolos, carácteres especiais, espazos, matrices, superposicións de símbolos, vectores de ecuacións ou o contorno ‘theorem’. Tamén se analizarán os conceptos básicos de Beamer traballando na realización de presentacións sinxelas a través de recursos para a súa elaboración eficiente, como paquetes específicos e ferramentas adicionais de simplificación de tarefas.

De xeito específico, o curso inclúe un módulo de prácticas no que o alumnado elaborará documentos que inclúan algúns dos comandos aprendidos. Máis información en http://www.usc.es/cultura/uverano02_12.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2012.