Ir o contido principal
STG

O curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ alcanza a súa novena edición

O curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ alcanza a súa novena edición
O curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ alcanza a súa novena edición

O curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ celebrará este ano a súa novena edición na Universidade de Verán, entre os días 6 e 9 de xuño cunha carga lectiva de 30 horas e baixo a dirección de José Manuel Vila Abad.

A xornada do día 6 celebrarase na Aula Magna da Facultade de Química cun abano de relatorios sobre o aproveitamento das microalgas, os diferentes sistemas de xestión de residuos de Galicia, a contaminación parasitolóxica das augas galegas ou a xestión mediambiental no Complexo Industrial de Repsol na Coruña.

Xa o día 7 avaliarase a presenza de arsénico no río Anllóns ou a biodiversidade da plataforma e cantil de Galicia. Pola tarde, está programada unha visita ao Museo de Historia Natural da USC. Ao día seguinte, o grupo desprazarase á Estación de Bioloxía Mariña da Graña en Ferrol para logo visitar o Marco Medioambiental da Zona de Doniños. No derradeiro día do curso celebrarase un taller de Medio Ambiente co que concluirá a programación de actividades.

As persoas interesadas poderán obter máis información tanto sobre o curso como sobre o proceso de matrícula na web da Universidade de Verán 2016.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2016.