Curso de Estatística para lingüistas
Este martes 10 dá comezo na Facultade de Filoloxía un curso que busca familiarizar os lingüistas coas técnicas estatísticas básicas que se utilizan habitualmente nas súas áreas de investigación, como son fonética, lingüística de corpus, sociolingüística, onomástica e variación lingüística, entre outras. O curso estrutúrase en varios módulos nos que se presentarán os métodos clásicos da estatística descritiva e da estatística inferencial, o estudo da correlación entre variables e os modelos de regresión e as técnicas básicas da análise multivariante. Organizado pola rede de investigación Tecnoloxía e análise dos datos lingüísticos, os grupos de investigación Filoloxía e lingüística galega e Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións e o Instituto da Lingua Galega, o seminario está impartido polas profesoras Rosa Crujeiras, Adela Martínez e María José Ginzo.