Ir o contido principal
STG

Curso na ETSE sobre identificación de perigos en plantas de proceso químico

A Asociación ISA USC organiza este venres 27 e o sábado na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) un curso sobre HAZOP-HAZard and OPerability, unha técnica sobre Análise de Operabilidade e Identificación de Perigos en Plantas de Proceso Químico.

O relator do curso será Juan A. Vílchez Sánchez, director técnico de Trámites, Informes y Proyectos S.L. (TIPs)-Barcelona. Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña, con actividades profesionais no sector químico e enerxético, no ámbito da seguridade industrial e resposta a emerxencias, exerceu como profesor de Universidade e é coautor de varios libros.

As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a tesorer%EDa [at] isa-usc.org (tesorería[at]isa-usc[dot]org).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2018.