O Curso de Primavera analizará no Campus de Lugo as Ciencias Humanas dende diferentes perspectivas
O Curso de Primavera que organiza Lugo Cultural na Facultade de Humanidades do campus de lugués analizará entre os vindeiros días 16 e 20 de abril a relación das Ciencias Humanas con diferentes disciplinas. Este curso, que se celebra por terceiro ano consecutivo, pretende invitar á reflexión sobre a tradición, o estado presente e as perspectivas de futuro dos estudos humanísticos.
O programa das xornadas, que conta con quince conferencias e varias actividades culturais, será explicado polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e o organizador das xornadas e decano da Facultade de Humanidades Alexandre Veiga nun acto que se celebrará mañá xoves, día 12, ás 12:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación.
Á presentación tamén acudirán os representantes de Lugo Cultural, a concelleira do Concello de Lugo Concepción Burgo; a deputada provincial Fé Rocha; o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez; e o delegado provincial da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Xoán Xosé Molina Vázquez.