Ir o contido principal
STG

Un curso profunda nas posibilidades do programa LaTeX para a creación de documentos científicos e técnicos

Un curso profunda nas posibilidades do programa LaTeX para a creación de documentos científicos e técnicos
Un curso profunda nas posibilidades do programa LaTeX para a creación de documentos científicos e técnicos

O curso ‘LaTeX: unha ferramenta para a creación de documentos científicos e técnicos’ celebrará unha nova edición do 26 ao 29 de xullo na Aula Magna e nas aulas de informática da Facultade de Matemáticas baixo a dirección de Rosana Rodríguez López cunha carga lectiva de 25 horas. O programa comezará cun bloque introdutorio sobre que é LaTeX e cales son as súas vantaxes respectou outras ferramentas similares, ademais de abordar a súa instalación e o emprego de editores enfocados á súa utilización. Logo de tratar os primeiros pasos e os elementos básicos deste software o seguinte bloque do curso aludirá á súa utilización en diferentes campos, tanto para a elaboración de documentos completos como índices e bibliografías, tanto no campo científico, como técnico, literario ou para traballos académicos.

A súa utilización no ámbito matemático, con especial atención a carácteres especiais, espazos, arrais, matrices ou superposición de símbolos, entre outros, serán os seguintes temas a tratar xunto co manexo de táboas, caixas, inclusión de gráficos ou manexo de referencias, así como os conceptos básicos relativo ás presentacións en Beamer. Para completar o programa incidirase na utilización de paquetes específicos e ferramentas adicionais para a simplificación de tarefas. Ao remate do curso, solicitarase aos participantes o envío dun dos documentos traballados durante as sesións presenciais.

Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2016.