Ir o contido principal
STG

Un curso de verán trata a cuestión medioambiental galega desde un punto de vista multidisciplinar

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

Achegar o estado actual da cuestión medioambiental galega desde un punto de vista multidisciplinar é o obxectivo dun curso de verán que se desenvolverá entre o 15 e o 18 de xullo na Facultade de Química e que xa vai pola súa sexta edición. Dirixido por José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez, o curso ‘ O medioambiente en Galicia. Unha visión interdisciplinar’ tratará cuestións relacionadas con aspectos físicos, químicos e biolóxicos da contaminación, o cambio climático, a xestión e solución de impactos, a lexislación e economía medioambiental, as novas enerxías, o crecemento sostible e a educación medioambiental. En concreto, nos diversos relatorios falarase do proxecto Climántica, do impacto do cambio climático nos ecosistemas mariños, dos residuos industriais en Galicia, do traballo da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC ou das competencias e responsabilidades en xestión medioambiental na administración local. Ademais, haberá roteiros, visitas guiadas e obradoiros prácticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2013.