Ir o contido principal
STG

Un curso de verán da USC ensina o manexo do sistema LaTeX de composición de textos

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A profesora Rosana Rodríguez López dirixe do 18 ao 22 de xullo un curso de verán sobre o sistema LaTeX de composición de textos que conteñan fórmulas matemáticas. O curso ‘Documentos e presentacións científicas: LaTeX’, a desenvolver no Salón de Graos e Aulas de Informática da Facultade de Matemáticas, está recoñecido como formación permanente do profesorado non universitario pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. O seminario dará conta das vantaxes da ferramenta LaTeX e ofrecerá coñecementos varios acerca do seu funcionamento, do software necesario, da súa utilización en diferentes campos e da escritura de textos de diferentes tipos, entre outras cuestións. O alumnado realizará dentro do horario e nas aulas especificadas para o curso prácticas breves consistentes na elaboración de documentos que inclúan algúns dos comandos aprendidos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2011.