Ir o contido principal
STG

Debaten en Económicas sobre as perspectivas fronte ao mercado laboral

Debaten en Económicas sobre as perspectivas fronte ao mercado laboral
Debaten en Económicas sobre as perspectivas fronte ao mercado laboral

A asociación estudiantil JEMSA Junior Empresa de Santiago organizou estes días na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais un debate sobre a situación dos universitarios ao remate das súas titulacións. Participaron a subdirectora de cultura da USC, Mercedes Rosón; a xerente de Proyetsa e diplomada en ADE pola USC, Sonia Alfonsín; a presidenta de Jemsa e estudante de Economía, Lorena Pérez; e José Luis Abadín, piloto de fórmula 2 e estudante de ADE na USC. Mercedes Rosón recalcou a necesidade de achegar en gran medida aos plans de estudos, e en concreto á USC, a práctica empresarial, algo no que coincidiu Alfonsín dada a súa experiencia no estranxeiro e como muller emprendedora. Por outra banda, Jose Luís Abadín falou da importancia de apaixonarse por unha idea e defendela ante todos os hándicaps que poidan xurdir no proceso do emprededurismo. O desaproveitamento do capital humano español foi unha idea da propia presidenta de Jemsa pola que o público se mostrou moi preocupado, ao igual que pola dificultade de acceso a financiamento, sobre todo da mocidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2011.