O decano de Formación do Profesorado fala sobre a historia do centro no II Congreso de Educadores Católicos de Lugo
O decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Francisco Rodríguez Lestegás, participa o sábado 5 de maio no II Congreso de Educadores Católicos organizado pola vigairía de Ensino da Diocese de Lugo. Na súa intervención, Lestegás fará un percorrido pola historia do centro que dirixe, fundado en 1842 como Escola Normal de Mestres e que recentemente cambiou a súa denominación a facultade. Ademais do decano de Formación do Profesorado, participan no congreso directores de colexios relixiosos, os bispos de Lugo e Mondoñedo-Ferrol, representantes do programa ‘Preescolar na Casa’, o xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo e os músicos Mini e Mero. O acto está organizado por Mario Carballo, vicario de Ensino da Diocese de Lugo e profesor na Facultade de Formación do Profesorado.