Ir o contido principal
STG

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea explica en Económicas o alcance da política agraria común

O máster en Desenvolvemento Económico e Innovación do grupo ICEDE organizará este xoves 16 unha sesión dedicada á nova política agraria común, tema do que dará conta nunha conferencia o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, Xosé Manuel Silva. O acto comezará ás 17.00 horas e desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dentro da programación académica do posgrao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2012.