O docente da Universidade de Leeds Roman Tuma imparte unha conferencia en Química
O profesor Roman Tuma, do Astbury Centre for Structural Molecular Biology da Universidade de Leeds, participa o vindeiro luns 17 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares da USC.
Nesta sesión, que se desenvolverá a partir das 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de Química, Roman Truma pronunciará a conferencia titulada ‘Assembly of dsRNA bacteriophages and RNA packaging’.