Dúas bibliotecas en Compostela e a Intercentros en Lugo abren as súas portas en horario extraordinario ata o 25 de xaneiro

A biblioteca Concepción Arenal e a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, en Compostela, e a Intercentros do Campus de Lugo abrirán en horario extraordinario ata o 25 de xaneiro, en coordinación co calendario de exames da comunidade universitaria. O período de apertura neste época estenderase de 8.30 a 3.00 horas, agás os sábados, domingos e festivos, no que estes centros abrirán de 10.00 a 3.00 horas. Para calquera consulta ou suxestión, os/as usuarios/as poden comunicar as súas achegas a través das redes sociais deste centros. Para acadar máis información as persoas interesadas dispoñen dunha web específica.