Dúas conferencias no programa de doutoramento con Mención de Calidade 'Química'
O programa de doutoramento en Química da USC, que posúe a Mención de Calidade do Ministerio, organiza a vindeira semana dúas conferencias na propia Facultade.
O profesor Carlos Lodeiro, da Universidade Nova de Lisboa, pronunciará o luns, día 23, ás 12:00 horas na Aula Magna do centro, a conferencia ‘The role of the ring: multifuncional systems based on macrocyclic molecular’.
Pola súa banda, o martes 24, tamén ás 12:00 horas na mesma aula, o profesor Francesco Devillanova, da Universidade italiana de Cagliari, falará sobre ‘Research topics on metal complexes: dithiolenes, dithiophosphonates and macrocyclic ligands’.