Dúas escritoras irlandesas conversan esta semana con varios grupos de investigación da USC

As escritoras irlandesas Mary O’Donell e Evelyn Conlon conversarán esta semana sobre sexo e xénero con varios grupos de investigación da Universidade de Santiago. Concretamente, tratarán este asunto desde a perspectiva de dúas das súas obras de relatos curtos, Storm over Belfast e Telling, respectivamente. O primeiro encontro será con Mary O’Donell este martes 23 ás 16.00 horas na Aula 8 da Facultade de Filoloxía. A escritora, profesora e artista irlandesa é a autora de The Light Makers, mellor novela irlandesa de 1992 por The Sunday Tribune. Ademais, entre a súa creación literaria figuran as obras Storm Over Belfast (relato curto), September Elegie (poesía), The Light-Makers (novela) e Spiderwoman’s Third Avenue Rhapsody (poesía). O segundo, o venres
Os encontros (o próximo, con Evelyn Conlon, o venres 26) están organizados polos proxectos de investigación ‘The Lost Female Tradition: Predecessors, Contemporaries and Successors of James Joyce in Irish Writing’, ‘Ex-sistere : Women’s Mobility in Contemporary Galician and Irish Literatures’, e ‘Discourse and identity’. No desenvolvemento colabora o Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE).