Ir o contido principal
STG

A embaixada de Estados Unidos doa á USC a colección ‘Library of America’

Convértese na segunda universidade española que a recibe e inclúe a máis significativa e destacada produción literaria norteamericana dende os seus comezos ata a actualidade

A embaixada de Estados Unidos en España doará á Universidade de Santiago a colección ‘Library of America’ a máis significativa e destacada produción literaria norteamericana dende os seus comezos ata a actualidade. Trátase dunha colección prestixiosa, valorada en 5.000 euros, convertendo á USC na segunda universidade española que a recibe. A doazón producirase este xoves 15 no transcurso dun acto programada para ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, onde a agregada cultura da embaixada, Laura M. Gould, fará entrega da colección ao reitor da USC, Juan Casares, que estará acompañado por diversas autoridades académicas do centro e do goberno universitario.

‘Library of America’ é un conxunto de obras sobre as máis diversas temáticas e xéneros, dende a filosofía, periodismo, cine, deportes, historia ou biografías ata a gastronomía ou a literatura de viaxes que expresa as particularidades das manifestacións culturais en Estados Unidos. Esta é a segunda ocasión na que a embaixada doa a colección a unha universidades española, en opinión do catedrático Constante González Groba, como mostra da forza do estudos americanistas, sobre cultura e literatura dos Estados Unidos, na USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2011.