Emilia Vázquez Rozas, elixida decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
A profesora do Departamento de Economía Cuantitativa Emilia Vázquez Rozas acaba de ser elixida decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
A elección celebrouse esta mañá e nela houbo que ir á segunda volta dado que ningún dos candidatos, Emilia Vázquez e Manuel Jordán, acadaron a maioría necesaria na primeira consulta. Finalmente, proclamouse nova decana a profesora Vázquez con 65 votos fronte aos 58 do profesor do Departamento de Economía Aplicada.