Ir o contido principal
STG

A empresa farmacéutica Lilly celebrará na USC un ‘On-Campus Recruiting’

A empresa farmacéutica Lilly celebrará na USC un ‘On-Campus Recruiting’
A empresa farmacéutica Lilly celebrará na USC un ‘On-Campus Recruiting’

A compañía Lilly, unha das dez compañías farmacéuticas líderes no mundo, entrevistará o vindeiro luns 21 en Campus Vida unha selección de doutorandos/as e egresados/as recentes da USC que actualmente se atopen realizando estancias postdoutorais no estranxeiro. Responsables de Lilly Spain desprazaranse ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) para entrevistar aos investigadores novos, todos eles do ámbito da química orgánica e a química médica. Esta xornada, que se iniciará cunha breve presentación e unha mesa redonda sobre a investigación en Lilly, ten como obxectivo coñecer persoalmente a este grupo de titulados/as formados na USC que puideran estar interesados/as na posibilidade de desenvolver unha carreira profesional na industria farmacéutica. Elly Lilly and Company ten a súa sede central en Indianápolis (Indiana, EE.UU) e conta con aproximadamente 38.000 persoas no seu cadro de persoal ao longo de todo o mundo, dos cales aproximadamente 7.700 se dedican en exclusiva a I+D. Entre as instalacións coas que Lilly conta en España, atópase o seu centro de I+D en Alcobendas, no que traballa un centenar de investigadores e que está considerado como o centro privado de investigación máis importante de España. Este complexo abarca o Centro de Investigación en Química Médica e o Laboratorio Europeo de Bioquímica e Bioloxía Molecular.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2014.