Ir o contido principal
STG

Un encontro internacional formará en emprendemento a persoas cunha idea de negocio en fase temperá

Este encontro é un proxecto colaborativo no que participan distintas institucións académicas de España e Portugal, entre elas, a USC. FOTO: Santi Alvite
Este encontro é un proxecto colaborativo no que participan distintas institucións académicas de España e Portugal, entre elas, a USC. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude antes do 25 de febreiro
Santiago de Compostela

O Encontro Internacional de mozas e mozos Emprendedores que terá lugar en Viseu (Portugal) o vindeiro mes, diríxese a mozos e mozas que teñan unha idea de negocio en fase temperá e desexen desenvolvela. Este encontro é un proxecto colaborativo no que participan distintas institucións académicas de España e Portugal, entre elas, a USC. As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude antes do 25 de febreiro a  eva.lopez [at] usc.es (eva[dot]lopez[at]usc[dot]es) ou sabela.lopez.figueiras [at] usc.es (sabela[dot]lopez[dot]figueiras[at]usc[dot]es) 

No correo electrónico debe figurar o nome completo de todos os integrantes do equipo (máximo 4 persoas), curso/titulación de cada un dos integrantes do grupo, enderezo electrónico de contacto de cada integrante e teléfono dun deles, así como o nome da idea e unha descrición breve cun máximo de 500 palabras. Todos os gastos de inscrición, desprazamento a Viseu, aloxamento (unha noite) e cea serán cubertos polas entidades locais patrocinadoras. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2023.