Ir o contido principal
STG

Entrega de diplomas en Lugo da quinta promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e a Escola Galega de Formación celebrarán este venres 6, ás 18:00 horas no Salón de Actos da Escola, a entrega de diplomas da quinta promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos. No acto intervirá como padriño o director de Recursos Humanos da compañía R, Santiago Vázquez Blanco, quen ofrecerá a conferencia ‘A felicidade no traballo’ aberta ao público en xeral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2011.