Ir o contido principal
STG

Entregados os premios e distincións da Asociación de Antigos Alumnos de Farmacia

A sesión estivo presidida polo reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
A sesión estivo presidida polo reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
Blanca Laffon Lage e Moisés Abascal foron recoñecidos nun acto celebrado este venres no Colexio de Fonseca
Santiago de Compostela

A Asociación de Antigos Alumnos de Farmacia dá pulo e mantén de forma activa os vínculos entre os antigos estudantes deste centro da USC. Baixo esta premisa, o Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolleu o acto de entrega dos premios e distincións que outorga a entidade. A sesión estivo presidida polo reitor Antonio López e contou coa presencia do decano Francisco Otero Espinar.

O Premio Dolores Trigo, en conmemoración a esta profesora de Química Inorgánica da Facultade, primeira secretaria da Asociación, outorgóuselle ao traballo ‘Análise de parámetros xenéricos como biomarcadores de fraxilidade en persoas maiores’, cuxa autora principal é Blanca Laffon Lage e que, en liñas xerais, trata de atopar biomarcadores biolóxicos que permitan detectar a fraxilidade das persoas maiores.  Por outra banda, o título de Farmacéutico Exemplar concedéuselle, na edición deste ano, ao farmacéutico Moisés Abascal pola súa dedicación ao tratamento das enfermidades raras. No seu discurso o profesor emérito da USC, José Miñones afondou na traxectoria dos premiados e na relevancia das súas achegas á sociedade.

 

No seu discurso o profesor emérito da USC, José Miñones (primeiro pola esquerda) afondou na traxectoria dos premiados. FOTO: Santi Alvite
No seu discurso o profesor emérito da USC, José Miñones (primeiro pola esquerda) afondou na traxectoria dos premiados. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2021.