Ir o contido principal
STG

Entregados os Premios Extraordinarios de Doutoramento 2021-22 da USC

Foto de grupo das premiadas e premiados coas autoridades. Foto: Santi Alvite
Foto de grupo das premiadas e premiados coas autoridades. Foto: Santi Alvite
O acto desenvolveuse no marco do XI Encontro da Mocidade Investigadora

A Aula Magna da Facultade de Psicoloxía acolleu o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2021-22 da USC, que se desenvolveu no marco do XI Encontro da Mocidade Investigadora.

A cerimonia presidiuna a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, e nela participou ademais a secretaria xeral, Dulce María García Mella, e a secretaria da EDIUS, María Isabel Neira Gómez. No nome das persoas premiadas interveu Carmen de Santiago Gómez, doutora pola USC no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais e premio extraordinario da área de Artes e Humanidades nesta convocatoria de 2021/22.

Xunto a Carmen de Santiago foron premiados outros 4 doutorandos e doutorandas da área de Artes e Humanidades, 10 da de Ciencias e Enxeñarías, 12 na de Ciencias da Saúde e 8 da de Ciencias Sociais e Xurídicas.

 

De esquerdaa dereita, Dulce María García, María José López e María Isabel Neira. Foto: Santi Alvite
De esquerdaa dereita, Dulce María García, María José López e María Isabel Neira. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2024.