Ir o contido principal
STG

Entregaron na USC os premios da olimpíada matemática galega

Entregaron na USC os premios da olimpíada matemática galega
Entregaron na USC os premios da olimpíada matemática galega

A entrega de premios da Olimpíada Matemática Galega 2011-12 celebrouse este mércores 18 na Facultade de Matemáticas nun acto que presidiu o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García, e que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria, Xesús Vázquez; do reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto; da decana da Facultade de Matemáticas, María Victoria Otero; e do profesor da USC e coordinador da Olimpíada, Felipe Gago. Na Olimpíada Matemática Galega, fase autonómica da española, concedéronse tres primeiros premios, tres segundos, tres terceiros e once mencións de honra. Os primeiros formaron o Equipo Olímpico Galego de Matemáticas, que acaba de competir na fase nacional celebrada en Santander e na que o galego Óscar Rivero Salgado, do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, se proclamou vencedor absoluto. Nese torneo Gonzalo Cao Labora, do IES Eusebio da Guarda da Coruña, obtivo unha medalla de bronce. Óscar Rivero participará representando a España na 53 Olimpíada Matemática Internacional que se disputará en xullo en Arxentina así como na XXVII Olimpíada Iberoamericana de setembro en Bolivia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2012.