Ir o contido principal
STG

Entregáronse os premios da III Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

Os gañadores e gañadoras da III Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos recolleron este mércores os seus premios nun acto que contou coa presenza do secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo, da decana da Facultade de Filoloxía, Mª Xosé López, e do presidente de SEEC Galicia, José Carracedo.

En lingua grega os premiados foron Teresa Suárez Torres (1ª), Antón Entenza Martínez (2º) e Sarah Vidal Horte (3ª), os tres do IES Valle Inclán de Pontevedra. En lingua latina, o primeiro foi para Miguel Cadórniga Martínez, do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña; e o segundo e terceiro, respectivamente, para Sarah Vidal Horta e Samantha Leonor Botica Fuentes, as dúas de novo do IES Valle Inclán de Pontevedra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2017.