O equipo de estudantes do centro coruñés Fernando Wirtz Suarez gaña en Valladolid o concurso estatístico que co organiza a USC
O traballo ‘¿Existe o cine de autor?’, de Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao, estudantes do IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña) titorizados por Enrique Pujales Martínez, resultou o gañador da segunda edición da fase estatal do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na categoría de bacharelato e grao medio. O premio, celebrado esta vez na Universidade de Valladolid, convócao a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Estatística.