O equipo feminino da USC revalida o seu título de Campión de España universitario de campo a través

As atletas da USC Marta Fernández, Suzanne Hasler, Alicia Folgar e Erea Rodríguez, volveron proclamarse por segundo ano consecutivo campioas de España por universidades na modalidade de campo a través. A UNED e a Universidade de Valladolid ocuparon o segundo e terceiro posto, respectivamente. Durante esta competición, celebrada en Córdoba, 25 universidades clasificaron un mínimo de tres atletas en meta sumando un total de 94 atletas.
Na clasificación individual, a primeira destas deportistas da USC foi Marta Fernández que acadou o segundo lugar. Ademais, Suzanne Hasler conseguiu o sexto posto, Alicia Folgar o undécimo e Erea Rodríguez o vixésimo.
Pola súa banda, o equipo masculino da Universidade de Santiago ocupou o sexto posto na mesma competición, situándose por detrás das universidades de Salamanca, Politécnica de Madrid, Castela A Mancha, León e Autónoma de Madrid. Chegaron a meta un total de 145 corredores e se clasificaron 35 universidades.
Individualmente, o atleta da USC Carlos Villamor acadou o sétimo posto e Iván Iglesias o noveno. Asemade, Francisco Sánchez foi o número cincuenta en chegar á meta e Jorge Rodríguez o oitenta e cinco.