Ir o contido principal
STG

As escritoras Luz Pozo e Carmen Blanco debaterán sobre as mulleres e as ciencias humanas na Facultade de Humanidades

As escritoras Luz Pozo e Carmen Blanco impartirán este mércores, ás 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Humanidades, un relatorio sobre as mulleres e as ciencias humanas no século XXI. Esta é unha das actividades que o Campus de Lugo organiza con motivo do Día Internacional da Muller dentro do ciclo ‘Mulleres do Século XXI’. Esta inicativa estenderase ao longo de todo este mes coa celebración de diversos relatorios e mesas redondas que analizarán o papel da muller en distintos eidos científicos e académicos.
A vindeira cita do ciclo, o xoves 22, tratará sobre a presenza das mulleres na Administración Pública, tema que será analizado pola directora xeral de Protección Civil, María Esther González Saavedra, ás 18:00 horas na Escola Politécnica Superior. Deseguido celebrarase unha mesa redonda na que se debaterá sobre muller e enxeñaría.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2007.