Ir o contido principal
STG

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, Premio Universidade Europea á Calidade

Fernando Cobo recollendo o galardón
Fernando Cobo recollendo o galardón
A boa práctica pola que foi premiada a EHEC baséase na análise crítica do impacto na sociedade a través da análise da información nos medios de comunicación
Santiago de Compostela

O director da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ (EHEC), Fernando Cobo, recolleu este mércores o Premio Universidade Europea á Calidade, na súa XI edición, no marco da V Xornada de Calidade Universidade Europea. A boa práctica pola que foi premiada a  EHEC baséase na análise crítica do impacto na sociedade da actividade da Estación, a través da análise da información nos medios de comunicación, como ferramenta de diagnóstico do grao de consecución dos obxectivos de compromiso social.

O obxectivo destes premios é recoñecer, fomentar e potenciar o desenvolvemento e intercambio das boas prácticas nas universidades e institucións educativas, nacionais e internacionais, tanto na xestión de calidade como na procura da eficiencia e a excelencia na xestión. Fernando Cobo quixo subliñar o seu agradecemento á Universidade Europea de Madrid por este recoñecemento e felicitouna “por implicarse en iniciativas como esta que estimulan o compromiso na mellora continua dos centros universitarios”. Xunto a Cobo, recolleu o galardón a responsable do Laboratorio e Calidade Sandra Barca.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2021.