Estalmat PI-Galicia despediu este sábado a promoción de 2013

As 8 nenas e 15 nenos que dende 2013 participaron no proxecto ESTALMAT PI-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebraron este sábado, acompañados das súas familias, o seu acto de despedida na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. ESTALMAT PI é un programa bianual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT para que non perdan o contacto e a afección polas matemáticas.
O evento estivo presidido polo reitor e presidente de Estalmat-Galicia, Juan Viaño, que xunto coa coordinadora xeral de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón, pronunciou a conferencia ‘As matemáticas como profesión hoxe’ na que, entre outras cuestións, achegaron breves biografías de mulleres referentes nas Matematicas tanto no eido internacional como galego e estatal, aproveitando que onte se celebraba o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Nesa sesión de entrega de diplomas participaron ademais o presidente de AGAPEMA, Julio Rodríguez Taboada; a presidenta de SGAPEIO, Esther López Vizcaíno; e a coordinadora de familias de Estalmat-Galciia, Covandonga Rodríguez-Moldes Rey.
Seleccionados polas súas aptitudes matemáticas avanzadas, os e as integrantes da promoción de Stalmat PI asistiron durante en doce sesións ás actividades de proxecto adaptadas ao desenvolvemento do seu talento logo de xa ter participado nos dous cursos do programa Estalmat. Estas actividades impártense as mañás dos sábados na Facultade de Matemáticas por un equipo docente de máis de 40 profesores de recoñecida competencia e especialmente formados para este cometido.