Ir o contido principal
STG

Estudan na ETSE estratexias innovadoras para unha xestión sostible do zurro

Estudan na ETSE estratexias innovadoras para unha xestión sostible do zurro
Estudan na ETSE estratexias innovadoras para unha xestión sostible do zurro

Especialistas do sector agrogandeiro e agroindustrial, da I+D, da Administración e xestores de refugallos reúnense esta tarde na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) para analizar o estado actual da xestión do zurro en Galicia e España.

A xornada toma como referencia os proxectos europeos ManureEcoMine e LiveWaste e dúas novas iniciativas de xestión sustentable de zurro enmarcadas neles que serán presentadas no transcurso da xornada. Ademais, terá lugar unha mesa redonda con empresas e entidades do ámbito e dúas charlas de técnicos da Xunta e docentes da USC.

Participan no encontro que coordina o profesor da USC Francisco Omil preto de 120 persoas, cun alto índice de interese por parte dos sectores implicados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2015.