Ir o contido principal
STG

Estudan en Filoloxía como o alemán, español e inglés organizan lingüisticamente o espazo

Do 4 ao 6 de outubro o grupo de investigación Relacións espaciais contrastivas español/alemán (SPATREL) da USC que lidera Irene Doval organiza un simposio sobre a expresión das relacións espaciais en alemán e/ou en contraste alemán/español ou alemán/inglés. O obxectivo central é explorar cómo estas linguas expresan onde as cousas están situadas, de onde e a onde se moven e por onde pasan. Esta campo goza cada vez de máis atención por parte da lingüística, especialmente na súa vertente cognitiva, analizando en que medida unha lingua pode condicionar a percepción espacial dos seus falantes. Segundo explica Irene Doval, “a análise de linguas indíxenas de América ou Oceanía amosa diferenzas na estruturación conceptual do espazo segundo as culturas”. En linguas máis próximas, que son obxecto do simposio, hai “sensibles diferenzas das que a primeira vista se podería pensar”. Trátase de comprender, asegura, “as interferencias nos erros de uso e tradución que lle ocasionan á xente que aprende outras linguas”. Deste xeito, presentaranse estudos sobre marcos de referencia especial, movemento real vs. ficticio ou clases gramaticais referidas ao espazo (adverbios, preverbios, preposicións, verbos de desprazamento, etc.), entre outros temas. O encontro, ao que acoden especialistas de diversas disciplinas lingüísticas procedentes de numerosos países europeos, pretende ser un foro no que se dean a coñecer novos avances neste campo e a súa achega a outras disciplinas como o ensino de linguas ou a tradución, ademais de suscitar o debate científico, especialmente arredor da chamada lingüística espacial. A inauguración oficial do congreso comezará ás 9.00 horas horas presidida polo decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso, e coa intervención do profesor Wotjak, pioneiro nos estudos contrastivos español/alemán e da profesora da USC Irene Doval Reixa en nome do comité organizador. Este encontro está directamente vencellado ao proxecto de investigación SPATREL (As relación espaciais en alemán e español), financiado polo MEC e no que colaborou o proxecto financiado pola Xunta de Galicia ‘Expresión das relación lóxicas en alemán e español’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2012.