Ir o contido principal
STG

Un estudante do IES de Cacheiras acada o segundo posto nun certame internacional de tradución de textos latinos

En España organízao a Sociedade Española de Estudos Clásicos que na súa sección galega dirixe a profesora da USC Cecilia Criado

O alumno do IES de Cacheiras Miguel Ferreiro Valencia fíxose co segundo posto na fase estatal do Certamen Ciceronianum que organiza a Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) e que na súa sección galega está dirixida pola profesora da Facultade de Filoloxía da USC, Cecilia Criado. De man da súa profesora de Latín, Concha Sande, Miguel Ferreiro chegou á fase estatal logo de superar as probas convocadas en Galicia pola Sección Galega da SEEC. Ao concurso que convoca o Liceo Arpino italiano presentáronse estudantes de bacharelato de toda España que, de maneira simultánea en varios países, tiveron que superar unha proba moi complicada de tradución e comentario dun texto latino de Cicerón. O gañador, un estudante de Estremadura, viaxará agora a Italia para participar na gran final europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2011.