Estudantes de Química organizan a terceira edición das Xornadas de Mozos Investigadores en Física Atómica e Molecular
O encontro ten lugar os vindeiros 3 e 4 de febreiro no campus compostelán
Alumnos do grupo de Química Teórica e Computacional da USC organizan este ano as Xornadas de Mozos Investigadores en Física (J2IFAM), que se celebrarán na Facultade de Química os vindeiros 3 e 4 de febreiro. Trátase da terceira edición deste congreso, que esta dirixido a estudantes de doutorado ou doutores que obtiveran o título nos últimos anos. Antes que Santiago, o CSIC de Madrid e a Universitat de Barcelona, respectivamente, ocupáronse da organización dos dous encontros anteriores. As xornadas abordarán dende a física de agregados e a dinámica das reaccións, ata os nanosmaterais e a espectroscopía e os estados excitados. Toda a información do congreso pode atoparse na súa páxina web: www.usc.es/congresos/j2ifam2011.