Ir o contido principal
STG

A ETSE celebra o Día da Escola de Enxeñaría

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves 12 o Día da Escola, que contempla unha conferencia do enxeñeiro químico director de Daorje Medioambiente S.A.U., Ramón Blanco López, sobre a integración da Economía Circular, o Big Data e a minimización dos GEI no desenvolvemento de solucións medioambientais.

O evento dará comezo ás 12.15 horas nun acto que presidirá a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido Quintana, e no que intervirán tamén o director da Escola, Antonio Mosquera; e o secretario, José Varela Pet, que dará lectura á memoria de actividades do curso pasado.

Na cerimonia farase entrega de diversos premios académicos así como os Leonardo á Docencia e á Investigación, o ViAQUA ao mellor TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental e o DCX ao mellor TFM no Máster en Big Data.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2018.