Ir o contido principal
STG

Expertos de Google e Atos falarán na USC sobre a colaboración tecnolóxica e investigadora entre empresas e universidade

Cartel da xornada que se desenvolverá o 23 de abril
Cartel da xornada que se desenvolverá o 23 de abril
A Facultade de Matemáticas acollerá o 23 de abril a xornada, na que tamén se presentarán os resultados dunha investigación sobre transferencia tecnolóxica

A USC organiza a xornada coloquio 'Transferencia de tecnoloxía e mellora das redes de cooperación' na que participarán representantes de Google e Atos que explicarán as vías de colaboración tecnolóxica entre as súas empresas e centros de investigación e universidades, así como as áreas de interese en materia de I+D para as súas compañías.

O Salón de Graos da Facultade de Matemáticas acollerá a cita que se desenvolverá durante todo o día 23 e que está dirixida especificamente para investigadores universitarios. Para participar é preciso inscribirse no correo josemanuel.rebolo [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[at]usc[dot]es) e o prazo remata o 22 de abril. Pola mañá terán lugar as charlas do coordinador de proxectos de Google para Europa, Pablo Campos, e da consultora de I+D de Atos Internacional, Paz Gómez, así como a presentación dos resultados de investigación do Proxecto POTEP VT sobre vehículos de transferencia tecnolóxica e un coloquio sobre colaboración entre empresas e centros de investigación. Pola tarde, os representantes de Google e Atos reuniranse cos grupos de investigación da USC que o soliciten, para establecer posibles vías de colaboración. Os interesados en participar nesta xuntanza de traballo deben solicitalo especificamente no correo de inscrición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2014.