Expertos de todo o mundo asistiron en Santiago ao III Simposio Internacional da Federación Europea de Sociedades de Elementos Traza e Minerais

A Federación Europea de Sociedades de Elementos Traza e Minerais (FESTEM) celebrou a pasada semana na Facultade de Medicina de Santiago o seu terceiro simposio internacional. Entre os días 16 e 19 de maio, expertos de todo o mundo debateron sobre os recentes avances na investigación en elementos traza, elementos químicos esenciais requiridos para a vida dos organismos en moi pequenas cantidades.
Facendo fincapé nos experimentos e aplicacións nutricionais e clínicas en humanos, nas nove sesións do congreso cubríronse diferentes aspectos relacionados cos elementos traza na saúde, na nutrición, na toxicoloxía e no ambiente.
Xunto coa FESTEM, participaron na organización deste evento científico internacional a Sociedade Española de Bioquímica Clínica e Patoloxía Molecular e o Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) da Universidade de Santiago.