Ir o contido principal
STG

Explican na ETSE as potencialidades da moeda virtual Bitcoin

Bitcoin é unha moeda que como calquera outra pode usarse para comprar unha camiseta, un disco duro para o ordenador ou un café nos establecementos que a acepten. Pode tamén intercambiarse en mercados de divisas por outras moedas como dólares ou euros. Pero aquí rematan as similitudes; porque Bitcoin é unha moeda virtual, sen ningún tipo de representación física, que garante o anonimato das transaccións e só apoiada por unha rede P2P de usuarios en internet. As potencialidades desta moeda virtual así como as súas implicacións éticas, legais, sociais e económicas explicaraas este xoves 30 ás 12:00 no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría o profesor do Laboratorio de Bioenxeñaría da Universidade San Pablo CEU, Abraham Otero Quintana. Na charla falarase ademais dos fundamentos criptográficos nos que se basea e das distintas motivacións que levaron á creación do Bitcoin, unha moeda virtual, descentralizada e que permite realizar transaccións económicas dun modo anónimo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2014.