Ir o contido principal
STG

A exposición sobre os dereitos humanos permanecerá aberta ata o 22 de xaneiro na Facultade de Humanidades de Lugo

A mostra percorrerá o campus, dentro da programación Lugo Cultural

A exposición ‘Retrato dun escándalo universal de dereitos humanos. Discriminación e violencia contra as mulleres’, poderase ver na Facultade de Humanidades de Lugo ata o vindeiro 22 de xaneiro. A mostra, que recolle un amplo abano de temas realcionados coa discriminación e a violación dos dereitos humanos que sofren as mulleres en todo o mundo, percorrerá de xeito itinerante o campus ata a fin do curso.
A obra consta de 22 paneis nos que se denuncia a violencia contra as mulleres a mans da súa parella ou ex parella; a tortura na comunidade; as mulleres refuxiadas; a violencia sexual a mans de axentes do Estado; o corpo da muller como campo de batalla; as mulleres nos conflitos armados; e dase a coñecer algunhas activistas: mulleres políticas, sindicalistas e defensoras dos dereitos humanos.
Con esta exposición, Amnistía Internacional quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación; pero á vez, tamén pretende subliñar o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos. A mostra está aberta ao público de luns a venres en horario de nove da mañá ás nove da noite, de xeito ininterrompido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2008.