Ir o contido principal
STG

Unha exposición en Farmacia percorre a relación no tempo entre cinema comercial e enfermidades infecciosas

A Facultade de Farmacia organiza entre o próximo luns 9 e o día 22 a exposición ‘EXPOMicroDeCine’, incluída nas actividades da Semana da Ciencia.
Esta é unha mostra de carteis publicitarios orixinais que pretende amosar de xeito cronolóxico, dende 1931 ata a actualidade, algunhas das películas comerciais que dalgún xeito trataron no seu argumento aspectos relacionados coas enfermidades infecciosas. Cada un dos pósteres vai acompañado dunha ficha explicativa dos aspectos infecciosos abordados na cinta.
Trátase “doutra forma de aprender e ensinar”, subliña Ángeles Muñoz, co-organizadora da iniciativa xunto a Ysabel Santos e Rafael Seoane e na que tamén están implicadas as facultades de Bioloxía, Farmacia e Medicina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2009.