Ir o contido principal
STG

A Facultade de ADE do Campus Terra da USC despide a quinta promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas

Estudantes da quinta promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Ade da USC
Estudantes da quinta promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Ade da USC
O director de negocio de Arenal, Rafael Marzán, apadriñou os 36 novos titulados nun acto que recoñeceu a Sabela Castro como mellor expediente da promoción 2012-16

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC despediu este venres unha nova promoción de titulados universitarios, a quinta do grao en Administración e Dirección de Empresas, no marco dunha celebración académica na que participaron 36 alumnos/as que completaron os están a piques de completar a súa formación universitaria de grao catro anos despois de comezar a súa andaina universitaria no centro universitario lugués.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, guiou esta sesión académica, a través da que Facultade de Ade do Campus Terra da USC recoñece o traballo e o esforzo feito polo alumnado da promoción 2013-2017, así como polas súas familias. Un relatorio a cargo do padriño desta nova promoción de graduados en Ade, o director de Negocio do Grupo Arenal, Rafael Marzán Vázquez, quen repasou os 40 anos de historia desta empresa luguesa, serviu para abrir un acto no marco do que, ademais de proceder á entrega de diplomas e pins aos novos titulados, tamén se fixo un recoñecemento público a Sabela Castro Martínez por posuír o mellor expediente académico da promoción 2012-2016.

A decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o deputado provincial delegado das áreas de Turismo e Cultura, Eduardo Vidal Baamonde; o decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín, e Paz López-Vizcaíno Rubio, como representante desta promoción de grao, tamén interviñeron como relatores no marco deste acto.

O padriño da promoción, Rafael Marzán, á esquerda, Vidal, Barreiro, Bueno, Méndez, Díez e Velo Autoridades, futuros graduados e familiares presentes no acto

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2017.