Ir o contido principal
STG

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle unha xornada sobre o reto estratéxico da internacionalización

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este venres 16 a xornada ‘O reto estratéxico da internacionalización’ cun programa de intervencións que dará comezo ás 9.45 horas no Salón de Graos deste centro compostelán. Promovida polo Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, esta acción formativa diríxese especificamente a profesionais e expertos do Clúster Alimentario de Galicia. Nel participan numerosas empresas do sector como Feiraco, Coren, Estrella Galicia, Bodegas Martín Códax ou Pescanova, entre outros, pertencen a esta agrupación empresarial, así como as tres universidades galegas, estando a USC representada a través da Vicerreitoría adxunta de Investigación e Innovación do Campus de Lugo. Na xornada participarán xunto a destacadas empresas galegas do sector, expertos nacionais e internacionais, así como institucións galegas e españolas activas na promoción exterior, como son o ICEX e o Igape.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2012.