Ir o contido principal
STG

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores o seu patrón

O acto inclúe unha homenaxe en lembranza de Ceferino Díaz

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra o patrón do centro este mércores 10 cunha intensa xornada. Os actos darán comezo ás 12.00 horas cunha homenaxe en memoria do profesor recentemente falecido Ceferino Díaz a cargo do tamén docente e compañeiro Jaime Barreiro Gil. A cerimonia proseguirá coa entrega do premio Fulget 2012 á empresa Hostal dos Reis Católicos e do galardón ao gañador do concurso de pintura CreArte na Universidade 2013 a Javier Sande Iglesias pola súa obra Paisaxe na néboa. O xurado –Francisco Durán, Emilia Vázquez, Juan Monterroso, Cristina Carballedo e Xurxo Martiño- outorgou unha mención especial a Yonatan Castro Cambre polo seu collage. O acto rematará coa entrega dos premios extraordinarios de doutoramento 2009-2010, dos fin de másteres 2011-2012, dos extraordinarios de licenciatura 2011-2012 e dos galardóns á calidade lingüística dos traballos académicos 2011-2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2013.