Ir o contido principal
STG

A Facultade de Farmacia celebrou a festividade da súa patroa cun intenso programa de actos

De esquerda a dereita, Carolina González Criado, Isaac Arias Santos, Juan Casares Long, Isabel Sández Macho e Perfecto Paseiro Losada. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Carolina González Criado, Isaac Arias Santos, Juan Casares Long, Isabel Sández Macho e Perfecto Paseiro Losada. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Farmacia celebrou este sábado o acto da súa patroa, a Inmaculada Concepción, que presidiu o reitor Juan Casares Long e ao que, entre outras personalidades, asistiron o presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, Isaac Arias Santos; a decana da Facultade, Isabel Sández Macho; a subdirectora xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade, Carolina González Criado; e o secretario da Facultade, Perfecto Paseiro Losada, encargado de dar comezo á cerimonia coa lectura da Memoria Académica 2011-12 do centro. O programa continuou coa entrega das medallas conmemorativas dos 25 anos de docencia no centro compostelán a Consuelo Souto Pardo, José Ángel Fontenla Gil, Mª Isabel Basadre Pampín, Teresa Díaz Guede, Marcelina Abad Caeiro, Begoña Seijo Rey e Dolores Torres López. Ademais, entregóuselle a insignia de ouro da Facultade aos docentes xubilados do pasado curso Áurea Pereira Lorenzo e José Mª Calleja Suárez, responsable este último de pronunciar no acto a conferencia ‘A ensinanza e os estudos na Facultade de Farmacia da USC’. Recibiron tamén diplomas os doutores e doutoras do curso 2011-2012 e os titores e titoras de prácticas preprofesionais nos centros dependentes da Consellaría de Sanidade e do SERGAS. Os actos remataron coa doazón á Facultade de Farmacia dun retrato de Antonio Casares, o seu primeiro decano, e cunha conferencia do académico de número da Academia de Farmacia de Galicia, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, titulada ‘Antonio Casares: Farmacéutico’. O reitor impúxolle a insignia de ouro da Facultade aos docentes xubilados do pasado curso Áurea Pereira Lorenzo e José Mª Calleja Suárez (este último na foto). Foto: Santi Alvite Ao acto de Farmacia asistiu numeroso público universitario Foto: Santi Alvite

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2012.