Ir o contido principal
STG

A Facultade de Farmacia celebrou este venres a festividade da súa patroa nun concorrido acto

De dereita a esquerda, Matilde Casas, Mº de los Reyes laguna, Antonio López e Silvia Reboredo. Foto: Santi Alvite
De dereita a esquerda, Matilde Casas, Mº de los Reyes laguna, Antonio López e Silvia Reboredo. Foto: Santi Alvite
No acto, que presidiu o reitor Antonio López, entregáronse as insignias de ouro do centro ao persoal xubilado ademais de diversos premios ao estudantado

A Facultade de Farmacia celebrou este venres a festividade da Inmaculada, a súa patroa, nun acto que presidiu o reitor Antonio López e no que se lle entregaron as insignias de ouro do centro ao persoal que se xubilou o pasado curso: Margarita Balboa Barros, Teresa Barral, José Blanco Méndez, Luis Cid Rey, Florencio César Martínez Ubeira, Franciso Javier Reimúndez Campos e Arturo Baltasar Suárez Varela.

Na concorrida cerimonia, que comezou coa lectura da memoria académica do curso pasado pola profesora Matilde Casas Parada, tivo lugar a conferencia ‘Quo vadis, Anisakis?’ a cargo do profesor Florencio César Martínez Ubeira.

Ademais, durante o acto tamén se entregaron os diplomas aos doutores e doutoras do curso 2023-2024 así como os premios do XI Concurso de ideas para a portada de Traballo Fin de Grao da Facultade de Farmacia e do II Concurso de ideas de Felicitación de Nadal da Facultade de Farmacia.

A celebración da festividade rematou coa intervención da subdirectora xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade, Silvia Reboredo García, e da decana da Facultade, María de los Reyes Laguna Francia.

O acto contou con numeroso público. Foto: Santi Alvite
O acto contou con numeroso público. Foto: Santi Alvite
Público asistente á celebración. Foto: Santi Alvite
Público asistente á celebración. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.