Ir o contido principal
STG

A Facultade de Farmacia organiza un seminario sobre a relación entre as nanopartículas e o sistema inmune

A Facultade de Farmacia da USC organiza este xoves, día 7, o seminario ‘Nanopartículas e sistema inmune: o gran reto’ nunha sesión que dará comezo ás 16:30 horas no Salón de Graos deste centro compostelán.
O seminario impartirao integramente a profesora do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo e directora do laboratorio de Inmunoloxía desta universidade, África González Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2008.