Ir o contido principal
STG

A Facultade de Filoloxía acolle o concerto do compositor e etnomusicólogo Carlos Suárez

A actuación ten lugar este xoves 24, ás 21:00 horas, e a entrada é de balde

O compositor e etnomusicólogo galego Carlos Suárez ofrecerá este xoves 24 un concerto na Facultade de Filoloxía da USC. A actuación ten lugar ás 21:00 horas nos baixos da centro, concretamente no local denominado Baleiro, e a entrada é de balde. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade colabora na organización deste evento promovido polo colectivo Baleiro. O concerto de Carlos Suárez leva por título Sapere Aude e nel utiliza como materia prima paisaxes sonoras en perigo de extinción gravadas en Venezuela e Galicia durante 15 anos. Estas foron procesadas e reconfiguradas para establecer un discurso sonoro que servirá de base á execución en directo de son procesado no ordenador. A actuación reflexiona en torno ao proceso de desintegración da diversidade cultural e biolóxica en moitas zonas do planeta, as súas consecuencias sobre o progreso humano e as causas que o motivan.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2011.