Ir o contido principal
STG

A Facultade de Formación do Profesorado de Lugo acolle a reunión anual dos decanos e directores da USC

Asistentes á reunión anual dos decanos e directores dos centros da USC, celebrada na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo
Asistentes á reunión anual dos decanos e directores dos centros da USC, celebrada na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Os decanos e directores dos centros dos diferentes campus da USC mantiveron a súa tradicional reunión de comezo de curso, que por primeira vez se celebrou na capital lucense. Á xuntanza acudiron a práctica totalidade dos responsables das 25 facultades e escolas que forman parte da institución; a decana da Facultade de Enfermería de Santiago, María Jesús Núñez, que non puido desprazarse a Lugo, participou na reunión a través dunha videoconferencia. Francisco Rodríguez Lestegás, decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e anfitrión da xuntanza, afirmou que desde hai anos "había interese en que este encontro se realizase no campus de Lugo, e por fin foi posible que así fose". Lestegás explicou tamén os obxectivos da reunión: "Ademais do contacto persoal entre todos nós, esta reunión serve para analizar as incidencias propias do inicio do curso e tamén para consensuar liñas de actuación e para establecer propostas de traballo en común".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2012.