A Facultade de Formación do Profesorado organiza unha xornada sobre hiperactividade e déficit de atención
A Facultade de Formación do Profesorado achegou aos seus alumnos e aos profesionais do sector educativo e da infancia unha das problemáticas máis habituais na docencia: o trastorno de déficit de atención por hiperactividade. O encontro estaba organizado pola Coordinación da Titulación de Mestres da Facultade de Formación do Profesorado, e aberto ao público en xeral. Durante a sesión, a psiquiatra infantil do Hospital Universitario Lucus Augusti Yolanda Carballeira trasladoulle aos estudantes algunhas das claves para a detección e intervención adecuada neste tipo de casos. Modesta Fernández, traballadora social no mesmo centro hospitalario, interveu tamén na xornada co relatorio ‘O papel da escola na protección da infancia’. Asistentes á xornada